miércoles 27 de enero de 2010

OLLOS QUE NON VEN

Son varios os amigos que nos preguntan, ¿en que consiste este proxecto da nacional 550?
Pois ben, dar unha resposta sinxela non é doado, porque basicamente os obxectivos foron cambiando. De momento, tan só me quixera referir ó que pretendeu ser nun inicio e, para elo, é preciso apelar á figura inconmensurable de Le Corbusier.

Estas dúas páxinas do seu libro “Vers une architecture” (1923) resumen en gran medida o cambio tan transcendental que se produciu na arquitectura a principios do século pasado.
Seguramente, Le Corbu foi a persoa que mellor soubo relatar este cambio de espírito, nun contexto, onde as posibilidades técnicas eran cada vez máis avanzadas.

Quédome cunha frase do mesmo libro:

Se o problema da vivenda, do departamento, se estudase coma un chasis, veríase mellorar e transformar rapidamente as nosas casas. Se as casas foran construídas industrialmente, en serie, coma os chasis, veríase xurdir rapidamente formas inesperadas, pero sans, defendibles, e a estética formularíase cunha precisión sorprendente.

Son case noventa anos os que pasaron dende estas afirmacións, polo tanto, entendemos que non estaría de máis analizar cal é a situación actual ¿cal foi a evolución deste pensamento?¿canto quedou desa época positivista? e ¿cara onde temos que mirar?

Todas estas preguntas están presentes no noso traballo, pero quixemos indagar tamén en posibles respostas.
Así pois, xorde a idea de, primeiro, contextualizar unha área-estudo e seguidamente analizar a cuestión formulada. O ámbito de actuación elixido é basicamente o eixo atlántico, representado pola nacional 550, mentres que o obxecto do estudo sería ese binomio vivenda/automóbil.
Aquí vos deixo coa primeira retrospectiva: http://cargocollective.com/n550