Moitas veces, as árbores non deixan ver o bosque, pero
¡que emoción cando este se ve dende un alto!
Isto é o que se me ocorre dicir tras visitar a exposición de Ruth Matilda Anderson na Fundación Caixa Galicia. Un fermoso retrato da Galicia dos anos vinte, analizando pormenorizadamente costumes, festas, xentes, aldeas, vilas e un longo etcétera...
déixovos cunha fotografía da actual n-550 (A Escravitude, A Coruña) e coa foto tomada por Matilda Anderson no ano 1924 da Festa da Nosa Señora do Rosario.



No hay comentarios:
Publicar un comentario