miércoles, 3 de febrero de 2010

OLLOS QUE XA VEN

Velaquí a segunda parte da explicación que se empezou a dar no artigo anterior...

En principio, ía ser unha ampla reflexión sobre o mencionado binomio vivenda/automóbil na actualidade. Sen embargo, o devir da investigación nos levou a que este estudo tivera unha dimensión máis ampla.
Así pois, o que pretendemos retratar non é tan só ese permanente diálogo casa/coche, senón tamén como se manifesta sobre un soporte físico, ó cal chamamos territorio.

A continuación, amósase, cun pequeno esbozo, o escenario da nosa intervención, é dicir o ámbito da N-550 (incluíndo tamén a Ferrolterra).


Máis polo miúdo, detallaremos partes desa cidade territorio, deténdonos nas vivenda illadas (parte do que xa levamos feito), as urbanizacións, os núcleos rurais, as cidades medias, etc., sempre en co-relación coa paisaxe que leva asociada cada unha desas partes...

1 comentario:

Ramón dijo...

Que buenos estos nuevos esquemas! en cuanto tenga tiempo haré referencia a ellos en mi blog!