viernes, 12 de febrero de 2010

1922 vs 2010

Un dos factores que máis condiciona a distribución espacial das actividades é sen dúbida o transporte.
En N-550 intentamos pór de manifesto esta afirmación e, sobre todo, pór de releve a expresión física deste suposto. Hoxe en día, o medio de transporte que máis pauta o noso espazo vital e mesmo o noso día a día é o automóbil, mais non sempre foi así...

No Excmo. Concello da Coruña, fixéronse, fanse e seguramente se fagan estudos e contra estudos sobre a viabilidade dun metro lixeiro. Pois ben, simplemente dicir que no ano 1922 inaugurouse a liña de tranvía entre a cidade herculina e Sada (1).



Uxío Carré Aldao(2)describe (entorno ó 1917): “o traxecto (entre A Coruña e Sada) é sinxelamente encantador, participando á vez do urbano e do rural; urbano pola gran serie de núcleos que se suceden uns a outros ó longo do camiño, e que permiten formarse a ilusión de todo el é coma unha prolongación da cidade.”


(1)Partía de Porta Real ata a Terraza de Sada. Facía máis de 30 paradas en hora e media para os 19 kms de traxecto.
(2)Citado no libro: La Coruña Metrópoli Regional. Andrés Precedo Ledo [1990].

No hay comentarios: