domingo, 3 de enero de 2010

Mr. and Mrs. Andrews

Este nadal tiven ocasión de ler o libro de John Berger, titulado modos de ver.
Trátase dun conxunto de sete ensaios, onde se analiza dun xeito moi lúcido o significado da obra de arte, concretamente, das pinturas ó óleo (enmarcadas temporalmente entre 1500 e 1900).
Tan só me quixera deter nun exemplo, Mr. and Mrs. Andrews, Gainsborough 1727-1788.



Berger pregúntase:

¿Porque quería Lord Hardwicke un cadro do seu parque?
¿Porque encargaron os Andrews un retrato coa paisaxe das súas terras como fondo?

Berger contesta:

Mr. e Mrs. Andrews non son unha parella na Natureza, tal como Rousseau imaxinaba a natureza. Son terratenentes, e a súa actitude de propietarios respecto ó que os rodeaba é ben visible tanto nas súas expresións coma nas súas posturas.


E eu me cuestiono:

Hoxe en día, ¿como sería ese cadro representativo da nosa paisaxe?
¿Quen aparecería como figura? e ¿que teríamos de fondo?...

No hay comentarios: