O proxecto N-550 ten por obxectivo achegar unha análise do binomio vivenda/automóbil dentro das nosas fronteiras.
Co fin de ter unha mostra representativa do territorio a exame, tomamos coma eixo a estrada nacional 550, que une Galicia dende A Coruña ata Tui. Nese marco fixemos as fotografías que servirán para concretar e expoñer a nosa análise.
Para axudarnos a levar a cabo esta tarefa, propoñemos unha revisión de textos nos que xa se facía con anterioridade esta comparación (Hacia unha arquitectura. Le Corbusier,1923) e doutras publicacións máis recentes.
Neste blog intentaremos ir colgando todo o material que teña que ver co noso proxecto. Agardamos que vos guste.
Para calquera aclaración ou suxestión podedes escribirnos a: proxecto.n550@gmail.com
martes, 13 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)