lunes, 28 de diciembre de 2009

A N-550 convértese nunha travesía urbana en Caldas


O caso de Caldas é paradigmático do estudo que nos ocupa. Coa construcción da nova circunvalación o antigo trazado da N-550 pasa a ser unha travesía urbana. Avánzase así no concepto da N-550 como bulevar da Galicia do século XXI, transpasando fronteiras municipais e vertebrando todo o eixo atlántico.
Na fotografía aérea de google maps pódese apreciar perfectamente a circunvalación da N-550 e o novo trazado.


Copio e pego a noticia da Voz de Galicia

"...El alcalde de Caldas Juan Manuel Rey aprovechó su desplazamiento a Madrid para resolver otros trámites en la Dirección General de Carreteras y el Ministerio de Vivienda. En el primer departamento abordó la cesión al Concello de la travesía urbana de la carretera N-550 y el proyecto de la pasarela peatonal paralela al puente de la Herrería. Los plazos dados por el alcalde aluden al segundo semestre del 2010 para la firma del convenio para la reversión de este tramo, trámite que conlleva unas contrapartidas económicas que estarán entre los 800.000 y el millón de euros. Sobre junio el gobierno local también espera firmar el convenio de la pasarela para coordinar su ejecución con Augas de Galicia y Patrimonio, que podrían poner alguna pega..."

A noticia completa aquí

sábado, 26 de diciembre de 2009

Kastoma e a N-550

Novo vídeo dos Kastomä. Os rapaces nos ensinan "A ruta do grelo" na N-550 entre Ordes e Sigüeiro.




E aquí o seu myspace.

N-550 en la prensa. Concentración de accidentes

Un tercio de los 28 peatones atropellados este año murió cerca de clubes de alterne
Las carreteras N-550 de A Coruña y Tui y la N-532, cerca de Portugal, concentran este tipo de siniestros

Noticia en el faro de vigo

lunes, 21 de diciembre de 2009

The Sopranos

A sociedade norteamericana leva tempo contemplando a súa paisaxe...
Grazas á industria audiovisual, somos capaces de identificar, e case facer noso, ese territorio; distinguimos a amplitude dos seus vales, estremecemos coa escuridade dos seus suburbios ou gozamos coa intensidade das súas cidades.

Isto resulta absolutamente fantástico, posto que re-COÑECEMOS o perfil dunha terra que pouco ou nada ten que ver co ámbito no que nos movemos...

Un exemplo desta situación é a cabeceira da serie Os Soprano, no que se relata o traxecto entre a cidade compacta de New York e a súa periferia, xa en New Jersey.


¿Porque non empezar a pensar que NÓS tamén podemos re-COÑECER o noso territorio?

martes, 13 de octubre de 2009

proxecto N-550

O proxecto N-550 ten por obxectivo achegar unha análise do binomio vivenda/automóbil dentro das nosas fronteiras.

Co fin de ter unha mostra representativa do territorio a exame, tomamos coma eixo a estrada nacional 550, que une Galicia dende A Coruña ata Tui. Nese marco fixemos as fotografías que servirán para concretar e expoñer a nosa análise.

Para axudarnos a levar a cabo esta tarefa, propoñemos unha revisión de textos nos que xa se facía con anterioridade esta comparación (Hacia unha arquitectura. Le Corbusier,1923) e doutras publicacións máis recentes.

Neste blog intentaremos ir colgando todo o material que teña que ver co noso proxecto. Agardamos que vos guste.


Para calquera aclaración ou suxestión podedes escribirnos a: proxecto.n550@gmail.com